Comprobación de fuga interior

Comprobación de fuga interior

Como comprobar se tes unha fuga de auga?

 

Pensas que podes ter unha fuga na casa? Dámosche algúns consellos para podelo pescudar e solucionar.

  1. Identifica cal é a posición do teu contador de auga. Poderás localizar o número do teu contador na parte inferior da factura.
  2. Verifica que o contador funciona correctamente: deixa aberta unha billa para que o contador rexistre movemento. Revisa se a agulla vermella da esfera grande ou a derradeira cifra vermella do contador se move.
  3. Mantén a billa aberta, pecha a chave de paso de saída do contador e comproba que este non rexistra ningún movemento.
  4. 4. Volve abrir a chave de paso do contador e asegúrate de non ter aberta ningunha billa do interior da casa ou local. Deixa pasar unha hora e observa se o contador rexistrou consumo de auga. En caso afirmativo, poida que haxa unha fuga na túa instalación, xa que o contador só rexistra consumo se pasa auga.

Neste vídeo titorial explicamos como facelo.

  • Ola! Se crees ou detectaches que tes un consumo de auga superior ao habitual. Podería deberse ás seguintes causas: Cambio de hábitos de consumo, máis persoas na vivenda, cambio dalgún electrodoméstico, instalación dun aparello descalcificador. Unha fuga de auga non detectada. Un uso fraudulento do teu contador. Podes comprobar se a túa instalación funciona ben dunha maneira moi sinxela. Localiza o teu contador e abre unha billa. Comproba que o contador conta cara adiante (aumentando a numeración) mentres a billa está aberta. Pecha todas as billas e apaga calquera electrodoméstico que utilice auga, sen tocar a chave de paso. Verifica a lectura do contador. Deixa pasar un par de horas sen utilizar a auga e volve comprobar a lectura do contador. Se non aumentou o consumo, a túa instalación funciona correctamente e non hai fugas de auga. Se o consumo aumentou, é probable que teñas unha perda de auga, xa que o contador só avanza a numeración se hai consumo de auga. Contacta cun servizo de reparacións o máis axiña posible para reparala e así evitar consumos non desexados. Sabías que poderías ter dereito a unha bonificación por fugas e facilidades de pago? Entra na nosa páxina web, localiza o teu concello e revisa as condicións. Se o desexas, podes enviarnos a túa solicitude a través do formulario que atoparás no apartado “Contacta” da web, e empezaremos a tramitala. Se aínda non che deches de alta na área de Clientes, non desaproveites a oportunidade. Rexístrache na área de Clientes e poderás ver os teus consumos e facturas, así como recibir avisos de interese relacionados co teu contrato. Lembra que a auga é un ben prezado e escaso. Fai un uso responsable. Grazas! Estamos ao teu servizo.

Se detectas que hai fuga, será necesario que contactes cun servizo de reparacións canto antes. Recomendámosche manter a chave de paso pechada ata a súa reparación.

Comunícanos a través deste link a avaría para poder revisar a afectación nos teus consumos.